Teatro Gorrilla
Teatro Gorrilla é un proxecto autoxestionado e alternativo que Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva Comesaña levan a cabo, pretende transformar e democratizar a cultura na cidade olívica, levando propostas contemporáneas de artes escénicas aos bares, lugares cheos de vida que apoian o arte a través de múltiples concertos, por iso, queren que as artes escénicas tamén teñan presenza nestes espazos non convencionais, e así, visibilizar novas propostas de artistas independetes da Galiza.
Este proxecto comeza como resposta á baixa visibilidade das artes escénicas e a escaseza de espazos para a sua práctica e desfrute na cidade de Vigo. O funcionamento de taquilla
inversa, é a de aportar polo espectáculo unha vez sexa disfrutado e así valorar canto queres pagar por él, sendo o mínimo recomendado de 4€. Isto está inspirado no teatro de rúa onde
se pasa “pasa a gorra”.
Chapamama Crew
Colectivo de deeyais e xestoras culturais da cidade de Vigo.
Chimpa Party
CHIMPA, festa adicada a diferentes estilos musicais acompañados das súas danzas, onde Dj e dancers forman parte do espectáculo.
A noite comeza cunha clase de 30 minutos onde dancers ensinan ao público steps propios da danza que esa noite esté dedicada a festa.
·
O resto da noite será sesión Dj e showcase por parte dxs dancers
Buscamos xerar espazos seguros, liberadores e únicos, aportando cousas novas á cidade.
Festival multidisciplinar celebrado en Vigo, onde mercadiño e multidisciplinaridade artística reuníronse nun espazo transformado para isto.
Un antigo supermercado foi o espazo onde se celebrou este festival.
As persoas que o crearon foron Begoña Lopez Arana, Marcia Vázquez e Eva Comesaña, contando coa colaboración de Sara García.
Xuntas crearon 10 días de arte, cultura e artesanía.
Colectivo de artistas afincado en Vigo, con perspectiva feminista que nace para crear e visibilizar cultura e arte en chave feminista. Crear redes e sinerxías para continuar reivindicando os nosos dereitos coma profesionais da industria cultural.
Eva forma parte da xestión e loxística, ademáis de coma artista no colectivo.
Desempeña a súa labor coma programadora, xestora e comunicadora para que o proxecto medre e chegue a máis xente.
Cabe destacar as tres edicións do Festival 85C onde se mesturan artes e espazos.
Aquí video resume da última edición:
A mariores deste festival que se convocada cada ano, o colectivo creou máis eventos como 85Corpos (dúas edicións), con motivo do día internacional da danza e as dúas edicións do Festival Nas Verzas, onde poñen de manifesto o papel feminino no punk e demáis disciplinas de rúa.
Na última edición de Nas Verzas, ocupan as rúas cunha intervención artística en Irmandiños. Video resumo desa edición:
A maiores da labor artística, tamén o colectivo creouse para formarse nos distintos feminismo, é por iso que crearon DeFormarse, encontro formativo no que participaron organizacións e colectivas coma Afrogalegas, Nos Mesmas, Orgullo Crítico de Madrid, etc en forma de palestras, conferencias e faladoiros.
Macarena War
Xunto a Marcia Vázquez, levan 5 edicións organizando a única batalla de baile onde o importante é pasalo ben.
Trátase dun concurso celebrado nalgún local nocturno onde se mesturan en parellas persoas profesionais da danza con persoas que lles encanta bailar (bailongos e bailongas) de xeito aleatorio. Nesta festa sempre hai un/unha MC e Djs que amenizan o evento, e un xurado que valora as saídas de baile e elixe á parella gañadora.
Video da última edición do Macarena War na Sala Mondo de Vigo:
Evento co fin de promover e normalizar as culturas africanas, afro-caribeñas e afro-americanas.
Xunto a Rui Alexandre Lopes crean un primer evento creando comunidade colaborando con Amigos da Terra, doando todo o recaudado á organziación.
A xornada foi na Fundación Sales, Vigo. Palestras, concertos, danza e mercadiño.