top of page

Son viguesa, galega e de moitos máis sitios.
Considérome unha persoa que se nutre da arte para crear o meu mundo e meu pensamento crítico, tras a observación e análise do mundo que nos rodea e as súas necesidades de vivir en sociedade pero moi pouco en comunidade.

As miñas liñas de traballo pasan pola creación e interpretación de pezas de danza en individual e en colectivo con máis artistas; en crear encontros artísticos multidisciplinares, para dar lugar a tecer redes e medrar coma colectivo, isto tamén implica todo o apartado loxístico e de xestión necesario; unha comunicación a través do mundo dixital de proxectos, maioritariamente culturais; por o corpo para o activismo e a formación en feminismo; ser mestra de danzas urbanas e expresión corporal para crear unha danza propia a través de técnicas de improvisación.
En definitiva estar en contacto coa arte e as persoas.


Miña traxectoria coma bailarina comeza moito antes do que lembro. Sendo crianza, era a encargada de facer os bailes que amenizaban reunións familiares e recreos coas amizades.
Dende sempre a danza estivo ligada ao meu corpo como xeito de expresar xogo e alegría e na intimidade da miña habitación para refuxiarme coa tristeza.

A miña formación comeza dende ben pequena, comezando co ballet para levalo ao patinaxe e despois centrándome nas danzas urbanas, pasando pola salsa, danzas africanas e danza contemporánea.

É no 2012 cando comezo a impartir clases de freestyle Hip Hop xa que esta danza social inunda a miña personalidade, afondando na súa técnica e xeitos de competición como son as batallas.  

É a danza contemporánea quen me aportou o máximo coñecemento do meu corpo, expresividade e xeitos de creación.
Tamén alimentaron a miña formación o teatro xestual, participando en varias formacións.


Complemento a danza co activismo a través da arte, formando parte do colectivo feminista de artistas 85C, onde creamos rede e sinerxías, mostrando creacións e arte en chave feminista.

Adoro rodearme de xente artista de diferentes disciplinas á miña para crear en comunidade e poder inspirarnos entre nós.

bottom of page